Publicado o sexaxésimo número do Boletín de Software Libre para o sector Empresarial

Martes, 31 Maio 2022
Publicado o sexaxésimo número do Boletín de Software Libre para o sector Empresarial

Xa está publicado o sexaxésimo número do Boletín de Software Libre para o sector Empresarial, correspondente a este mes de Maio. O proxecto destacado deste mes é Matomo, unha solución que permite realizar analíticas a sitios web respectando a privacidade.

No apartado de novas destacamos a publicación dun Faladoiro Mancomún e dous capítulos de Mancomún Podcast, a difusión de varios eventos como o WordCamp ou as Xornadas de SIG Libre así como a Declaración de Estrasburgo apoiando ao software libre e á interoperabilidade.

Boletín Software Libre na Empresa

Este boletín xurde polo éxito e o interese que está a ter o boletín adicado a mostrar as solucións de software libre que se están a empregar en diferentes administracións públicas. No caso deste novo boletín, tanto os proxectos e ferramentas destacadas como os casos de éxito e as novas recompiladas están orientada ao sector empresarial galego, tratando de difundir casos de éxito de aplicacións de software libre que están sendo empregadas por outras empresas ou ferramentas e proxectos de software libre que poden resultar de interese para o tecido empresarial, tanto para uso propio como tamén como posible opción de xerar negocio a través del.

Ademais de recompilar diferentes novas sobre solucións con software libre, todos os meses destacarase un proxecto ou ferramenta de software libre, así como un caso de éxito de implantación da mesma por parte dunha empresa, tratando de dar a coñecer non só a solución como tal senón mostrando un exemplo de que está a ser empregado e solucionando unha necesidade que calquera outra empresa pode ter tamén.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal