Xa está publicado o quincuaxésimo número do Boletín de Software Libre para o sector Empresarial, correspondente a este mes de Xullo. O proxecto destacado deste mes é LiberaForms, unha solución de formularios libres e respectuosos cos dereitos dixitais e a privacidade.

No apartado de novas destacamos a publicación do primeiro Faladoiro Mancomún, un novo episodio de Mancomún Podcast e 4 números do resumo semanal de novas en formato vídeo, o inicio do soporte empresarial de Blender por parte de Canonical ou o novo Thinkpad X1 con Fedora ou Ubuntu de fábrica.

Boletín Software Libre na Empresa

Este boletín xurde polo éxito e o interese que está a ter o boletín adicado a mostrar as solucións de software libre que se están a empregar en diferentes administracións públicas. No caso deste novo boletín, tanto os proxectos e ferramentas destacadas como os casos de éxito e as novas recompiladas están orientada ao sector empresarial galego, tratando de difundir casos de éxito de aplicacións de software libre que están sendo empregadas por outras empresas ou ferramentas e proxectos de software libre que poden resultar de interese para o tecido empresarial, tanto para uso propio como tamén como posible opción de xerar negocio a través del.

Ademais de recompilar diferentes novas sobre solucións con software libre, todos os meses destacarase un proxecto ou ferramenta de software libre, así como un caso de éxito de implantación da mesma por parte dunha empresa, tratando de dar a coñecer non só a solución como tal senón mostrando un exemplo de que está a ser empregado e solucionando unha necesidade que calquera outra empresa pode ter tamén.

Pin It on Pinterest

Share This