Durante o dia de onte anunciouse a programación completa da Maker Faire Galicia 2016. A xuntanza maker terá lugar os vindeiros 1 e 2 de outubro. O detalle completo pode atoparse na propia web do evento mais os medios xa están a facerse eco do mesmo, como é o caso da publicación especializada CódigoCero onde se fala tamén do detalle do programa.

Programa de Maker Faire de Galicia Como xa publicamos en Mancomún, o evento terá lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela. A Maker Faire de Galicia dividirá finalmente as súas actividades entre o sábado día 1 e o domingo día 2 de outubro. En ambas xornadas haberá unha intensa actividade en forma de charlas e mesas redondas que se verá complementada con campionatos de robótica, talleres e obradoiros sempre moi próximos a temática maker nos que o Software Libre e Hardware Libre terán unha importante presencia. Así nesta Maker Faire de Galicia teremos charlas sobre Fab Academy, robótica educativa, impresión 3D, Ciencia e Mundo Maker, obradoiros de escultura con vimbio e mesmo sesións de gravado e graffiti.

Dende Mancomún, animámosvos a reservar xa as datas e a inscriviros nos distintos obradoiros e charlas para descubrir todas as novidades e experiencias que se amosarán durante estes días e compartir momentos coa cada vez máis grande comunidade maker galega.

Pin It on Pinterest

Share This