Xa está publicado o oitavo número do Boletín de Software Libre para o sector Empresarial, correspondente a este mes de Xaneiro. O proxecto destacado deste mes é facturaScripts, unha ferramenta que combina CRM e ERP con licenza libre, personalizable e moi sinxela de usar.

No apartado de novas destacamos varios eventos que están levando a cabo SmartPeme de Pontevedra relacionados co software libre.

Boletín Software Libre na Empresa

Este boletín xurde polo éxito e o interese que está a ter o boletín adicado a mostrar as solucións de software libre que se están a empregar en diferentes administracións públicas. No caso deste novo boletín, tanto os proxectos e ferramentas destacadas como os casos de éxito e as novas recompiladas están orientada ao sector empresarial galego, tratando de difundir casos de éxito de aplicacións de software libre que están sendo empregadas por outras empresas ou ferramentas e proxectos de software libre que poden resultar de interese para o tecido empresarial, tanto para uso propio como tamén como posible opción de xerar negocio a través del.

Ademais de recompilar diferentes novas sobre solucións con software libre, todos os meses destacarase un proxecto ou ferramenta de software libre, así como un caso de éxito de implantación da mesma por parte dunha empresa, tratando de dar a coñecer non só a solución como tal senón mostrando un exemplo de que está a ser empregado e solucionando unha necesidade que calquera outra empresa pode ter tamén.

Pin It on Pinterest

Share This