Publicado o número 68 do Boletín de Software Libre para o sector empresarial

Mércores, 25 Xaneiro 2023

Xa está publicado o novo Boletín de Software Libre para o sector Empresarial, correspondente a este mes de xaneiro. O proxecto destacado deste mes é Trisquel, un sistema operativo GNU/Linux totalmente libre para pequenas empresas, usuarios domésticos e centros educativos. O proxecto naceu en 2004 co patrocinio da Universidade de Vigo. Trisquel GNU/Linux foi incluída pola Free Software Foundation na lista de distribucións GNU/Linux 100 % libres.

No apartado de novas destacamos o manual de boa gobernanza da Alianza OSPO, a publicación doutro programa de Mancomún Podcast, onde falamos con Pablo Mariño (gañador do primeiro premio ao mellor proxecto universitario con licenza libre 2022) e a publicación do artigo TIC de aplicacións libres para Android, neste caso sobre OsmAnd, mapas e navegación.

Boletín Software Libre na Empresa

Este boletín xurde polo éxito e o interese que está a ter o boletín adicado a mostrar as solucións de software libre que se están a empregar en diferentes administracións públicas. No caso deste novo boletín, tanto os proxectos e ferramentas destacadas e as novas recompiladas están orientada ao sector empresarial galego, tratando de difundir ferramentas e proxectos de software libre que poden resultar de interese para o tecido empresarial, tanto para uso propio como tamén como posible opción de xerar negocio a través del.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal