Publicado o noveno número do Boletín de Software Libre para o sector Empresarial

Martes, 20 Febreiro 2018

Xa está publicado o noveno número do Boletín de Software Libre para o sector Empresarial, correspondente a este mes de Febreiro. O proxecto destacado deste mes é Collabora Online, unha ferramenta que che permite empregar a suite ofimática LibreOffice de forma colaborativa, dende o navegador e na nube.

No apartado de novas destacamos varios eventos que están levando a cabo SmartPeme en Vigo relacionados co software libre, así como os novos eventos de GPUL na Coruña, o novo modelo de portátil compatible 100% co GNU/Linux e a nova serie de artigos sobre Sistemas de Información Xeográfica.

Boletín Software Libre na Empresa

Este boletín xurde polo éxito e o interese que está a ter o boletín adicado a mostrar as solucións de software libre que se están a empregar en diferentes administracións públicas. No caso deste novo boletín, tanto os proxectos e ferramentas destacadas como os casos de éxito e as novas recompiladas están orientada ao sector empresarial galego, tratando de difundir casos de éxito de aplicacións de software libre que están sendo empregadas por outras empresas ou ferramentas e proxectos de software libre que poden resultar de interese para o tecido empresarial, tanto para uso propio como tamén como posible opción de xerar negocio a través del.

Ademais de recompilar diferentes novas sobre solucións con software libre, todos os meses destacarase un proxecto ou ferramenta de software libre, así como un caso de éxito de implantación da mesma por parte dunha empresa, tratando de dar a coñecer non só a solución como tal senón mostrando un exemplo de que está a ser empregado e solucionando unha necesidade que calquera outra empresa pode ter tamén.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal