Publicado o informe sobre políticas e iniciativas do Software Libre

Xa está accesible no observatorio de mancomun.org o documento sobre políticas e iniciativas de Software Libre feito pola Universidade de A Coruña (UDC). Este informe é froito do traballo desenvolvido pola UDC dentro do convenio asinado co CESGA para a realización de accións encamiñadas a impulsar o Software Libre na nosa comunidade.

 
O documento, que está baixo licenza [[Creative Commons]], describe a situación do Software Libre no ámbito das políticas nacionais e internacionais, dende as autonómicas ás europeas, pasando polas propias iniciativas nas universidades.
 
Este documento inicial complementa ao xa feito pola Universidade de Santiago de Compostela sobre a situación da tecnoloxía do Software Libre publicado en maio. Ademais, o observatorio publicará trimestralmente un resumo da actividade máis significativa no eido das iniciativas e políticas nacionais e internacionais.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal