Publicado o décimo sexto número do Boletín de Software Libre para o sector Empresarial

Mércores, 19 Setembro 2018

Xa está publicado o décimo sexto número do Boletín de Software Libre para o sector Empresarial, correspondente a este mes de Setembro. O proxecto destacado deste mes é Taiga, unha solución para a xestión de proxectos con posibilidade de servizo na nube ou en infraestrutura propia.

No apartado de novas destacamos a publicación dun novo artigo tecnolóxico sobre xestión de proxectos, a versión 1.0 de Flatpak e unha serie de eventos organizados polo CDTIC, Galpon e GPUL.

Boletín Software Libre na Empresa

Este boletín xurde polo éxito e o interese que está a ter o boletín adicado a mostrar as solucións de software libre que se están a empregar en diferentes administracións públicas. No caso deste novo boletín, tanto os proxectos e ferramentas destacadas como os casos de éxito e as novas recompiladas están orientada ao sector empresarial galego, tratando de difundir casos de éxito de aplicacións de software libre que están sendo empregadas por outras empresas ou ferramentas e proxectos de software libre que poden resultar de interese para o tecido empresarial, tanto para uso propio como tamén como posible opción de xerar negocio a través del.

Ademais de recompilar diferentes novas sobre solucións con software libre, todos os meses destacarase un proxecto ou ferramenta de software libre, así como un caso de éxito de implantación da mesma por parte dunha empresa, tratando de dar a coñecer non só a solución como tal senón mostrando un exemplo de que está a ser empregado e solucionando unha necesidade que calquera outra empresa pode ter tamén.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal