Xa está publicado o número 35 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de xuño.

O proxecto destacado deste mes é Ansible, unha ferramenta de software libre que permite a automatización e simplificacións das tarefas habituais na xestión de infraestruturas informáticas, redes de ordenadores e servidores, cae dentro do grupo das chamadas de orquestación xa que ao ser instalado dentro dunha rede de ordenadores permite que algunha das máquinas, definida como a de control controle todas as demais a través do protocolo SSH, permitindo aplicar configuracións a tódalas máquinas ao mesmo tempo, instalar aplicacións, actualizalas ou realizar calquera outra tarefa de mantemento.

No apartado de novas, destacamos a publicación dunha nova versión da EUPL, a licenza de software libre elaborada pola Unión Europea, e o caso de Polonia e a súa aposta pola creación dun programa de libros de texto de fontes abertas na educación, converténdose en país pioneiro con esta iniciativa.

Boletín de reutilización de Software Libre

Dende agosto de 2014, a oficina de coordinación de software libre da Amtega vén elaborando e difundido entre os responsables en materia TIC da Xunta de Galicia un boletín, de periodicidade mensual, sobre reutilización de software libre polas administracións públicas. Nel recóllense iniciativas sobre solucións libres, open data e estándares abertos; experiencias de uso de ferramentas libres que se identifican noutras administracións públicas de interese e aplicabilidade dentro da Xunta de Galicia; documentación ou formación de interese nesta materia, etc.

Dende Outubro de 2015, este boletín vense publicando no portal mancomún, co obxectivo de incrementar a difusión desta información noutras administracións públicas, como por exemplo as entidades locais, ou en calquera outra entidade ou organismo que lle poida ser de utilidade.

Pin It on Pinterest

Share This