Xa está publicado o número 95 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de Xuño.

Logo de apps.education.fr

O proxecto destacado deste mes é apps.education.fr, unha solución para plataforma educativa composta por Peertube, CodiMD, Pod e NextCloud.

No apartado de novas destacamos a publicación de dous episodios de Mancomún Podcast, os novos servizos de software libre en  Bratislava, o lanzamento dunha oficina de software libre en Ames, así como as actuacións que levarán a cabo as asociacións galegas de software libre grazas ao convenio que asinaron coa AMTEGA e a presentación do plan de software libre para o presente ano.

Dende agosto de 2014, a oficina de coordinación de software libre da Amtega vén elaborando e difundido entre os responsables en materia TIC da Xunta de Galicia un boletín, de periodicidade mensual, sobre reutilización de software libre polas administracións públicas. Nel recóllense iniciativas sobre solucións libres, open data e estándares abertos; experiencias de uso de ferramentas libres que se identifican noutras administracións públicas de interese e aplicabilidade dentro da Xunta de Galicia; documentación ou formación de interese nesta materia, etc.

Dende Outubro de 2015, este boletín vense publicando no portal mancomún, co obxectivo de incrementar a difusión desta información noutras administracións públicas, como por exemplo as entidades locais, ou en calquera outra entidade ou organismo que lle poida ser de utilidade.

Pin It on Pinterest

Share This