Xa está publicado o número 83 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de Xuño.

O proxecto destacado deste mes é Docker Engine, unha solución de virtualización mediante contedores.

No apartado de novas destacamos a publicación de un novo episodio de Mancomún Podcast e 4 números do resumo semanal en vídeo, o informe sobre a implementación da Directiva INSPIRE en España, a aposta polos datos abertos e software libre dos museos suecos e noruegueses ou o sistema de información xeográfico do Concello de Pontevedra.

Dende agosto de 2014, a oficina de coordinación de software libre da Amtega vén elaborando e difundido entre os responsables en materia TIC da Xunta de Galicia un boletín, de periodicidade mensual, sobre reutilización de software libre polas administracións públicas. Nel recóllense iniciativas sobre solucións libres, open data e estándares abertos; experiencias de uso de ferramentas libres que se identifican noutras administracións públicas de interese e aplicabilidade dentro da Xunta de Galicia; documentación ou formación de interese nesta materia, etc.

Dende Outubro de 2015, este boletín vense publicando no portal mancomún, co obxectivo de incrementar a difusión desta información noutras administracións públicas, como por exemplo as entidades locais, ou en calquera outra entidade ou organismo que lle poida ser de utilidade.

Pin It on Pinterest

Share This