Xa está publicado o número 71 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de Maio.

Logo de Drupal

O proxecto destacado deste mes é Drupal, unha solución de CMS (Content Management System) que permite implementar unha páxina ou portal web, podendo este adaptarse a case calquera necesidade.

No apartado de novas destacamos a publicación de tres pílulas formativas sobre ferramentas libre para o teletraballo, dous novos números do Podcast de Mancomún, a cesión de datos do IET a OpenStreetMap ou a aposta de Hamburgo polo software libre, os compromisos de Holanda e de Italia co software libre.

Dende agosto de 2014, a oficina de coordinación de software libre da Amtega vén elaborando e difundido entre os responsables en materia TIC da Xunta de Galicia un boletín, de periodicidade mensual, sobre reutilización de software libre polas administracións públicas. Nel recóllense iniciativas sobre solucións libres, open data e estándares abertos; experiencias de uso de ferramentas libres que se identifican noutras administracións públicas de interese e aplicabilidade dentro da Xunta de Galicia; documentación ou formación de interese nesta materia, etc.

Dende Outubro de 2015, este boletín vense publicando no portal mancomún, co obxectivo de incrementar a difusión desta información noutras administracións públicas, como por exemplo as entidades locais, ou en calquera outra entidade ou organismo que lle poida ser de utilidade.

Pin It on Pinterest

Share This