Xa está publicado o número 59 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de Xuño.

Logo de Asterisk e FreePBX

O proxecto destacado deste mes é FreePBX e Asterisk, unha solución de telefonía IP mediante a cal se pode instalar e configurar a infraestructura telefónica dun xeito sinxelo e mediante unha interface web.

No apartado de novas destacamos apostas polo software libre do CERN,  e gobernos como o de Rusia, China e Corea do Sur, a liberación de datos por parte de diversas administracións, os novos programas de Mancomún Podcast e a publicación do programa da Akademy-es.

Dende agosto de 2014, a oficina de coordinación de software libre da Amtega vén elaborando e difundido entre os responsables en materia TIC da Xunta de Galicia un boletín, de periodicidade mensual, sobre reutilización de software libre polas administracións públicas. Nel recóllense iniciativas sobre solucións libres, open data e estándares abertos; experiencias de uso de ferramentas libres que se identifican noutras administracións públicas de interese e aplicabilidade dentro da Xunta de Galicia; documentación ou formación de interese nesta materia, etc.

Dende Outubro de 2015, este boletín vense publicando no portal mancomún, co obxectivo de incrementar a difusión desta información noutras administracións públicas, como por exemplo as entidades locais, ou en calquera outra entidade ou organismo que lle poida ser de utilidade.

Pin It on Pinterest

Share This