Xa está publicado o número 47 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de xuño.

O proxecto destacado deste mes é Mahara, un sistema web xestor de carteiras xurdido para o ámbito educativo que permite crear carteiras electrónicas (e-portfolio en inglés) e compartilas.

No apartado de novas destacamos os pasos cara o software libre dados en Montreal e Berna, a feira-congreso Open Expo Europe e os novos portátiles que ofrece Dell con Ubuntu.

Dende agosto de 2014, a oficina de coordinación de software libre da Amtega vén elaborando e difundido entre os responsables en materia TIC da Xunta de Galicia un boletín, de periodicidade mensual, sobre reutilización de software libre polas administracións públicas. Nel recóllense iniciativas sobre solucións libres, open data e estándares abertos; experiencias de uso de ferramentas libres que se identifican noutras administracións públicas de interese e aplicabilidade dentro da Xunta de Galicia; documentación ou formación de interese nesta materia, etc.

Dende Outubro de 2015, este boletín vense publicando no portal mancomún, co obxectivo de incrementar a difusión desta información noutras administracións públicas, como por exemplo as entidades locais, ou en calquera outra entidade ou organismo que lle poida ser de utilidade.

Pin It on Pinterest

Share This