Publicado o Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas deste mes de Xullo

Luns, 10 Xullo 2017

Xa está publicado o número 36 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de xullo.

O proxecto destacado deste mes é Zabbix, unha ferramenta de software libre para monitorización de redes. Permite monitorizar e rexistrar o estado de varios servizos nunha rede de ordenadores, servidores ou hardware da propia rede. Está dispoñible baixo a licenza de software Libre GPL.

No apartado de novas destacamos a posta en marcha dunha nova edición do Proxecto ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre, a publicación dunha nova versión da licenza de software libre europea, a EUPL, que despois de bastante tempo se actualiza por fin á versión 1.2, e a implantación de Koha en 70 novas bibliotecas municipais de Galicia.

Boletín de reutilización de Software Libre

Dende agosto de 2014, a oficina de coordinación de software libre da Amtega vén elaborando e difundido entre os responsables en materia TIC da Xunta de Galicia un boletín, de periodicidade mensual, sobre reutilización de software libre polas administracións públicas. Nel recóllense iniciativas sobre solucións libres, open data e estándares abertos; experiencias de uso de ferramentas libres que se identifican noutras administracións públicas de interese e aplicabilidade dentro da Xunta de Galicia; documentación ou formación de interese nesta materia, etc.

Dende Outubro de 2015, este boletín vense publicando no portal mancomún, co obxectivo de incrementar a difusión desta información noutras administracións públicas, como por exemplo as entidades locais, ou en calquera outra entidade ou organismo que lle poida ser de utilidade.

 

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal