Xa está publicado o número 72 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de Xullo.

Logo de Rocket.Chat

O proxecto destacado deste mes é Rocket.Chat, unha solución de comunicación tanto síncrona coma asíncrona.

No apartado de novas destacamos a publicación de dous novos episodios de Mancomún Podcast, así como a derradeira entrega das pílulas para o teletraballo e un artigo que as xunta e categoriza todas , tamén se publicitan algúns eventos que terán lugar proximamente, e as apostas polo software libre por parte de Alemaña, Suiza e Francia.

Dende agosto de 2014, a oficina de coordinación de software libre da Amtega vén elaborando e difundido entre os responsables en materia TIC da Xunta de Galicia un boletín, de periodicidade mensual, sobre reutilización de software libre polas administracións públicas. Nel recóllense iniciativas sobre solucións libres, open data e estándares abertos; experiencias de uso de ferramentas libres que se identifican noutras administracións públicas de interese e aplicabilidade dentro da Xunta de Galicia; documentación ou formación de interese nesta materia, etc.

Dende Outubro de 2015, este boletín vense publicando no portal mancomún, co obxectivo de incrementar a difusión desta información noutras administracións públicas, como por exemplo as entidades locais, ou en calquera outra entidade ou organismo que lle poida ser de utilidade.

Pin It on Pinterest

Share This