Xa está publicado o número 78 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de Xaneiro.

Logo de Sakai

O proxecto destacado deste mes é Sakai, unha solución para plataforma de ensino en liña.

No apartado de novas destacamos a publicación de dous novos números de Mancomún Podcast, a liberación de 2 máquinas virtuais para a sinatura dixital e o un novo Artigo TIC sobre as mulleres no software libre, o 20 aniversario de Wikipedia, a aposta alemá por X-Road, a dispoñibilidade de Red Hat Enterprise Linux de balde ata 16 servidores, ou a apertura de inscricións para o Concurso Universitario de Software Libre.

Dende agosto de 2014, a oficina de coordinación de software libre da Amtega vén elaborando e difundido entre os responsables en materia TIC da Xunta de Galicia un boletín, de periodicidade mensual, sobre reutilización de software libre polas administracións públicas. Nel recóllense iniciativas sobre solucións libres, open data e estándares abertos; experiencias de uso de ferramentas libres que se identifican noutras administracións públicas de interese e aplicabilidade dentro da Xunta de Galicia; documentación ou formación de interese nesta materia, etc.

Dende Outubro de 2015, este boletín vense publicando no portal mancomún, co obxectivo de incrementar a difusión desta información noutras administracións públicas, como por exemplo as entidades locais, ou en calquera outra entidade ou organismo que lle poida ser de utilidade.

Pin It on Pinterest

Share This