Xa está publicado o número 86 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de Setembro.

gnu-health

O proxecto destacado deste mes é GNU Health, un ecosistema de saúde dixital libre.

O proxecto GNU Health proporciona as ferramentas libres (con licenza GPL v3) para que as persoas, os profesionais da saúde, as institucións e os gobernos poidan avaliar e mellorar de forma proactiva os determinantes subxacentes da saúde, desde os axentes socioeconómicos ata as bases moleculares da enfermidade. Desde a atención sanitaria primaria ata a medicina de precisión.

No apartado de novas destacamos o artigo TIC sobre Ciberseguridade orientada a empresa: Antivirus e VPN, e os programas onde falamos sobre este tema de Mancomún Podcast: Ciberseguridade con José Picón, Jose Luis Navarro, David Meléndez e Gabriela García e Ciberseguridade nas empresas, con Pilar Vila.

Tamén son especialmente interesantes as novas sobre “Open Labs axudou na introdución de Nextcloud e Libre Office en Tirana”, e a nova sobre “A misión parlamentaria francesa apoia o software libre” deste boletín.

Dende agosto de 2014, a oficina de coordinación de software libre da Amtega vén elaborando e difundido entre os responsables en materia TIC da Xunta de Galicia un boletín, de periodicidade mensual, sobre reutilización de software libre polas administracións públicas. Nel recóllense iniciativas sobre solucións libres, open data e estándares abertos; experiencias de uso de ferramentas libres que se identifican noutras administracións públicas de interese e aplicabilidade dentro da Xunta de Galicia; documentación ou formación de interese nesta materia, etc.

Dende Outubro de 2015, este boletín vense publicando no portal mancomún, co obxectivo de incrementar a difusión desta información noutras administracións públicas, como por exemplo as entidades locais, ou en calquera outra entidade ou organismo que lle poida ser de utilidade.

Pin It on Pinterest

Share This