Xa está publicado o número 74 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de Setembro.

Logo de Ansible

O proxecto destacado deste mes é Ansible, unha solución de automatización, despregue e xestión de infraestrutura informática.

No apartado de novas destacamos a publicación de tres programas de Mancomún Podcast e unha nova entrega das pílulas arredor de solucións libres, así mesmo tamén nos fixemos eco da migración ao software libre dun municipio en Turquía, da adquisición de computadoras con GNU/Linux na Junta de Andalucía e da liberación do código do Radar COVID ou da nova funcionalidade de cifrado de extremo a extremo de Nextcloud.

Dende agosto de 2014, a oficina de coordinación de software libre da Amtega vén elaborando e difundido entre os responsables en materia TIC da Xunta de Galicia un boletín, de periodicidade mensual, sobre reutilización de software libre polas administracións públicas. Nel recóllense iniciativas sobre solucións libres, open data e estándares abertos; experiencias de uso de ferramentas libres que se identifican noutras administracións públicas de interese e aplicabilidade dentro da Xunta de Galicia; documentación ou formación de interese nesta materia, etc.

Dende Outubro de 2015, este boletín vense publicando no portal mancomún, co obxectivo de incrementar a difusión desta información noutras administracións públicas, como por exemplo as entidades locais, ou en calquera outra entidade ou organismo que lle poida ser de utilidade.

Pin It on Pinterest

Share This