Publicado o Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas deste mes de Setembro

Venres, 27 Setembro 2019

Xa está publicado o número 62 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de Setembro.

Logo de Kibana
O proxecto destacado deste mes é Kibana, un complemento de Elasticsearch para a visualización gráfica da información.

No apartado de novas destacamos o novo artigo sobre Krita publicado por Mancomún, a utilización do sistema de ficheiros exFAT en GNU/Linux, a liberación de Jakarta EE 8 e os últimos números do Mancomún Podcast publicados.

Dende agosto de 2014, a oficina de coordinación de software libre da Amtega vén elaborando e difundido entre os responsables en materia TIC da Xunta de Galicia un boletín, de periodicidade mensual, sobre reutilización de software libre polas administracións públicas. Nel recóllense iniciativas sobre solucións libres, open data e estándares abertos; experiencias de uso de ferramentas libres que se identifican noutras administracións públicas de interese e aplicabilidade dentro da Xunta de Galicia; documentación ou formación de interese nesta materia, etc.

Dende Outubro de 2015, este boletín vense publicando no portal mancomún, co obxectivo de incrementar a difusión desta información noutras administracións públicas, como por exemplo as entidades locais, ou en calquera outra entidade ou organismo que lle poida ser de utilidade.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal