Xa está publicado o número 50 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de setembro.

O proxecto destacado deste mes é OpenLayers, unha biblioteca libre para o desenvolvemento de visores web de mapas interactivos coa que desenvolveron o visor do portal de información xeográfica de Bélxica.

No apartado de novas destacamos que a cidade de Roma segue coa súa aporta polo software libre rematando a migración a LibreOffice, o publicación dun novo artigo tecnolóxico sobre a xestión de proxectos e varios obradoiros sobre tecnoloxías libres en Lalín e Pontevedra, un deles sobre mapas libres está relacionado co proxecto destacado deste mes.

Sobre formación tamén destacamos unha sesión demostradora de Joomla e un curso online sobre QGIS.

Dende agosto de 2014, a oficina de coordinación de software libre da Amtega vén elaborando e difundido entre os responsables en materia TIC da Xunta de Galicia un boletín, de periodicidade mensual, sobre reutilización de software libre polas administracións públicas. Nel recóllense iniciativas sobre solucións libres, open data e estándares abertos; experiencias de uso de ferramentas libres que se identifican noutras administracións públicas de interese e aplicabilidade dentro da Xunta de Galicia; documentación ou formación de interese nesta materia, etc.

Dende Outubro de 2015, este boletín vense publicando no portal mancomún, co obxectivo de incrementar a difusión desta información noutras administracións públicas, como por exemplo as entidades locais, ou en calquera outra entidade ou organismo que lle poida ser de utilidade.

Pin It on Pinterest

Share This