Xa está publicado o número 38 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de setembro.

O proxecto destacado deste mes é Mapbox, unha plataforma de ferramentas de software libre que permiten incorporar as tecnoloxías de información xeográfica a calquera outra aplicación, tanto en Web como en dispositivos móbiles. Aínda que tamén permite a creación de mapas en liña para usuarios finais, con información base de OpenStreetMap e a posibilidade de incorporar información propia en múltiples formatos, onde verdadeiramente se mostra como unha plataforma moi interesante e no primeiro caso.

No apartado de novas destacamos a publicación dun novo artigo tecnolóxico sobre plataformas de goberno aberto, moi de actualidade. A publicación dunha nova versión de minino, unha distribución GNU Linux feita en Galicia e especialmente adicada á reciclaxe de equipos informáticos, ou a celebración do primeiro Jomla day en Galicia este vindeiro 23 de setembro.

Boletín de reutilización de Software Libre

Dende agosto de 2014, a oficina de coordinación de software libre da Amtega vén elaborando e difundido entre os responsables en materia TIC da Xunta de Galicia un boletín, de periodicidade mensual, sobre reutilización de software libre polas administracións públicas. Nel recóllense iniciativas sobre solucións libres, open data e estándares abertos; experiencias de uso de ferramentas libres que se identifican noutras administracións públicas de interese e aplicabilidade dentro da Xunta de Galicia; documentación ou formación de interese nesta materia, etc.

Dende Outubro de 2015, este boletín vense publicando no portal mancomún, co obxectivo de incrementar a difusión desta información noutras administracións públicas, como por exemplo as entidades locais, ou en calquera outra entidade ou organismo que lle poida ser de utilidade.

 

 

 

Pin It on Pinterest

Share This