Xa está publicado o número 99 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de outubro.

O proxecto destacado deste mes é Node.js, unha contorna de execución JavaScript de software libre e multiplataforma. Como tempo de execución de JavaScript asíncrono baseado en eventos, Node.js está deseñado para construír aplicacións de rede escalables.

No apartado de novas destacamos a publicación dos gañadores dos premios ao mellor proxecto universitario con licenza libre (Pablo Mariño e Pedro Guijas), a publicación do repositorio de software libre para as institucións da UE e a publicación do informe sobre “O Software Libre nas empresas de Galicia, Edición 2021”.

Dende agosto de 2014, a oficina de coordinación de software libre da Amtega vén elaborando e difundido entre os responsables en materia TIC da Xunta de Galicia un boletín, de periodicidade mensual, sobre reutilización de software libre polas administracións públicas. Nel recóllense iniciativas sobre solucións libres, open data e estándares abertos; experiencias de uso de ferramentas libres que se identifican noutras administracións públicas de interese e aplicabilidade dentro da Xunta de Galicia; documentación ou formación de interese nesta materia, etc.

Dende Outubro de 2015, este boletín vense publicando no portal mancomún, co obxectivo de incrementar a difusión desta información noutras administracións públicas, como por exemplo as entidades locais, ou en calquera outra entidade ou organismo que lle poida ser de utilidade.

Pin It on Pinterest

Share This