Publicado o Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas deste mes de Outubro

Mércores, 27 Outubro 2021
Publicado o Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas deste mes de Outubro

Xa está publicado o número 87 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de Outubro.

Logo de Apache Cassandra

O proxecto destacado deste mes é Apache Cassandra, unha base de datos distribuída NoSQL de software libre na que confían miles de empresas pola súa escalabilidade e alta dispoñibilidade sen comprometer o rendemento.

No apartado de novas destacamos a pílula sobre gravación de son con aplicacións libres, e a reportaxe en vídeo sobre o “Obradoiro de programación con Micro-Bit para nenos na Industriosa” onde incluímos varias entrevistas ou a ampliación do soporte de Ubuntu 14.04 e 16.04.

Dende agosto de 2014, a oficina de coordinación de software libre da Amtega vén elaborando e difundido entre os responsables en materia TIC da Xunta de Galicia un boletín, de periodicidade mensual, sobre reutilización de software libre polas administracións públicas. Nel recóllense iniciativas sobre solucións libres, open data e estándares abertos; experiencias de uso de ferramentas libres que se identifican noutras administracións públicas de interese e aplicabilidade dentro da Xunta de Galicia; documentación ou formación de interese nesta materia, etc.

Dende Outubro de 2015, este boletín vense publicando no portal mancomún, co obxectivo de incrementar a difusión desta información noutras administracións públicas, como por exemplo as entidades locais, ou en calquera outra entidade ou organismo que lle poida ser de utilidade.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal