Xa está publicado o número 88 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de Novembro.

Logo de CitizenLab

O proxecto destacado deste mes é CitizenLab, unha ferramenta de participación da cidadanía para institucións públicas e outras organizacións.

No apartado de novas destacamos a publicación de varios episodios de Mancomún Podcast, reportaxes sobre eventos ou a liberación como software libre da solución na que se centra o boletín deste mes, CitizenLab.

Dende agosto de 2014, a oficina de coordinación de software libre da Amtega vén elaborando e difundido entre os responsables en materia TIC da Xunta de Galicia un boletín, de periodicidade mensual, sobre reutilización de software libre polas administracións públicas. Nel recóllense iniciativas sobre solucións libres, open data e estándares abertos; experiencias de uso de ferramentas libres que se identifican noutras administracións públicas de interese e aplicabilidade dentro da Xunta de Galicia; documentación ou formación de interese nesta materia, etc.

Dende Outubro de 2015, este boletín vense publicando no portal mancomún, co obxectivo de incrementar a difusión desta información noutras administracións públicas, como por exemplo as entidades locais, ou en calquera outra entidade ou organismo que lle poida ser de utilidade.

Pin It on Pinterest

Share This

Axúdasnos a mellorar?

Queremos saber que opinas deste espazo para facer do portal un lugar máis accesible. Só che levará 2 minutos completar a enquisa e para nós será de gran utilidade. Moitas grazas!

Tal vez mañá Ir á enquisa×