Xa está publicado o número 76 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de Novembro.

Logo de QGIS

O proxecto destacado deste mes é QGIS, unha aplicación de SIX (Sistema de Información Xeográfica) de escritorio.

No apartado de novas destacamos a publicación de dous novos números de Mancomún Podcast, a aposta grega polo software libre na súa plataforma de computación na nube, o aforro do 85% de Bélxica baseando o desenvolvemento da súa aplicación COVID-19 na alemá, a liberación de compoñentes web transversais por parte da Amtega ou o compromiso co software libre de institucións de educación irlandesas.

Dende agosto de 2014, a oficina de coordinación de software libre da Amtega vén elaborando e difundido entre os responsables en materia TIC da Xunta de Galicia un boletín, de periodicidade mensual, sobre reutilización de software libre polas administracións públicas. Nel recóllense iniciativas sobre solucións libres, open data e estándares abertos; experiencias de uso de ferramentas libres que se identifican noutras administracións públicas de interese e aplicabilidade dentro da Xunta de Galicia; documentación ou formación de interese nesta materia, etc.

Dende Outubro de 2015, este boletín vense publicando no portal mancomún, co obxectivo de incrementar a difusión desta información noutras administracións públicas, como por exemplo as entidades locais, ou en calquera outra entidade ou organismo que lle poida ser de utilidade.

Pin It on Pinterest

Share This