Xa está publicado o número 64 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de Novembro.

Logo de Nagios Core
O proxecto destacado deste mes é Alfresco, un sistema de xestión documental.

No apartado de novas destacamos a publicación no portal de Mancomún dun novo artigo sobre ferramentas multimedia, neste caso sobre vídeo, o concello portugués de Seixal pásase a LibreOffice, a nova versión de QGIS co nome en clave A Coruña, a adhesión do partido do goberno alemán á campaña da FSFE “Public money? Public code!” e a entrega do Premio ao mellor proxecto universitario con licenza libre.

Dende agosto de 2014, a oficina de coordinación de software libre da Amtega vén elaborando e difundido entre os responsables en materia TIC da Xunta de Galicia un boletín, de periodicidade mensual, sobre reutilización de software libre polas administracións públicas. Nel recóllense iniciativas sobre solucións libres, open data e estándares abertos; experiencias de uso de ferramentas libres que se identifican noutras administracións públicas de interese e aplicabilidade dentro da Xunta de Galicia; documentación ou formación de interese nesta materia, etc.

Dende Outubro de 2015, este boletín vense publicando no portal mancomún, co obxectivo de incrementar a difusión desta información noutras administracións públicas, como por exemplo as entidades locais, ou en calquera outra entidade ou organismo que lle poida ser de utilidade.

Pin It on Pinterest

Share This