Xa está publicado o número 52 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de novembro.

O proxecto destacado deste mes é Mattermost, a alternativa libre a Slack ou similares. Trátase dun sistema de colaboración e produtividade de equipos de traballo, centrado na mensaxería instantánea.

No apartado de novas destacamos a celabración da feira tecnolóxica OSHWDem na Coruña, unha nova edición de Xeración Ñu, a resolución do premio ao mellor proxecto universitario libre ou a creación dun directorio de código financiado publicamente.

Dende agosto de 2014, a oficina de coordinación de software libre da Amtega vén elaborando e difundido entre os responsables en materia TIC da Xunta de Galicia un boletín, de periodicidade mensual, sobre reutilización de software libre polas administracións públicas. Nel recóllense iniciativas sobre solucións libres, open data e estándares abertos; experiencias de uso de ferramentas libres que se identifican noutras administracións públicas de interese e aplicabilidade dentro da Xunta de Galicia; documentación ou formación de interese nesta materia, etc.

Dende Outubro de 2015, este boletín vense publicando no portal mancomún, co obxectivo de incrementar a difusión desta información noutras administracións públicas, como por exemplo as entidades locais, ou en calquera outra entidade ou organismo que lle poida ser de utilidade.

Pin It on Pinterest

Share This