Publicado o Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas deste mes de marzo

Mércores, 22 Marzo 2023

Xa está publicado o número 104 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de marzo.

O proxecto destacado deste mes é OpenAPI que proporciona unha descrición da interface nunha linguaxe lexible por humanos e máquinas que permite a todo o mundo utilizar as API sen ter que investigar o código fonte.

No apartado de novas destacamos a publicación do piloto na UE de Nextcloud e Collabora Online, o anunciou a creación dunha OSPO polo Ministerio holandés de Dixitalización e a publicación do webinar OSPOlogy: A Legal Guide to Open Works in Public Administration.

Dende agosto de 2014, a oficina de coordinación de software libre da Amtega vén elaborando e difundido entre os responsables en materia TIC da Xunta de Galicia un boletín, de periodicidade mensual, sobre reutilización de software libre polas administracións públicas. Nel recóllense iniciativas sobre solucións libres, open data e estándares abertos; experiencias de uso de ferramentas libres que se identifican noutras administracións públicas de interese e aplicabilidade dentro da Xunta de Galicia; documentación ou formación de interese nesta materia, etc.

Dende Outubro de 2015, este boletín vense publicando no portal mancomún, co obxectivo de incrementar a difusión desta información noutras administracións públicas, como por exemplo as entidades locais, ou en calquera outra entidade ou organismo que lle poida ser de utilidade.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal