Xa está publicado o número 68 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de Marzo.

Logo de Grafana

O proxecto destacado deste mes é Kopano, unha solución de colaboración que inclúe servizos de comunicación e de traballo en grupo.

No apartado de novas destacamos a publicación de tres novos números de Mancomún Podcast, a nova sección de Pílulas para o Teletraballo na que se explican diversas ferramentas libres, diversas apostas de administracións polo software libre e datos abertos de Dortmund, Lituania, Polonia, Corea do Sur ou a Comisión Europea.

Dende agosto de 2014, a oficina de coordinación de software libre da Amtega vén elaborando e difundido entre os responsables en materia TIC da Xunta de Galicia un boletín, de periodicidade mensual, sobre reutilización de software libre polas administracións públicas. Nel recóllense iniciativas sobre solucións libres, open data e estándares abertos; experiencias de uso de ferramentas libres que se identifican noutras administracións públicas de interese e aplicabilidade dentro da Xunta de Galicia; documentación ou formación de interese nesta materia, etc.

Dende Outubro de 2015, este boletín vense publicando no portal mancomún, co obxectivo de incrementar a difusión desta información noutras administracións públicas, como por exemplo as entidades locais, ou en calquera outra entidade ou organismo que lle poida ser de utilidade.

Pin It on Pinterest

Share This