Xa está publicado o número 46 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de maio.

O proxecto destacado deste mes é MariaDB, un sistema xestor de bases de datos relacionais que xurdiu do proxecto de MySQL e mantén unha alta compatibilidade con el. É un dos sistemas de bases de datos máis empregados en aplicacións web no mundo libre.

No apartado de novas destacamos o recente nacemento da publicación Xeración Ñu, a publicación dunha nova entrega dos artigos sobre Sistemas de Información Xeográfica, a decisión de empregar Matrix e Riot por parte da administración francesa e a adopción de Nextcloud para a nube privada da administración federal alemá.

Dende agosto de 2014, a oficina de coordinación de software libre da Amtega vén elaborando e difundido entre os responsables en materia TIC da Xunta de Galicia un boletín, de periodicidade mensual, sobre reutilización de software libre polas administracións públicas. Nel recóllense iniciativas sobre solucións libres, open data e estándares abertos; experiencias de uso de ferramentas libres que se identifican noutras administracións públicas de interese e aplicabilidade dentro da Xunta de Galicia; documentación ou formación de interese nesta materia, etc.

Dende Outubro de 2015, este boletín vense publicando no portal mancomún, co obxectivo de incrementar a difusión desta información noutras administracións públicas, como por exemplo as entidades locais, ou en calquera outra entidade ou organismo que lle poida ser de utilidade.

Pin It on Pinterest

Share This