Publicado o Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas deste mes de Maio

Martes, 31 Maio 2022
Publicado o Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas deste mes de Maio

Xa está publicado o número 94 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de Maio.

Logo de LEOS

O proxecto destacado deste mes é LEOS, unha ferramenta para crear, editar e revisar textos lexislativos.

No apartado de novas destacamos a publicación dun número de Mancomún Podcast e un Faladoiro Mancomún, A Declaración de Estrasburgo apoiando ao software libre e a interoperabilidade, ou o artigo sobre o código aberto e a administración pública.

Dende agosto de 2014, a oficina de coordinación de software libre da Amtega vén elaborando e difundido entre os responsables en materia TIC da Xunta de Galicia un boletín, de periodicidade mensual, sobre reutilización de software libre polas administracións públicas. Nel recóllense iniciativas sobre solucións libres, open data e estándares abertos; experiencias de uso de ferramentas libres que se identifican noutras administracións públicas de interese e aplicabilidade dentro da Xunta de Galicia; documentación ou formación de interese nesta materia, etc.

Dende Outubro de 2015, este boletín vense publicando no portal mancomún, co obxectivo de incrementar a difusión desta información noutras administracións públicas, como por exemplo as entidades locais, ou en calquera outra entidade ou organismo que lle poida ser de utilidade.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal