Xa está publicado o número 67 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de Febreiro.

Logo de Grafana

O proxecto destacado deste mes é Grafana, un sistema de visualización interactiva de gráficas e diagramas amplamente empregado en sistemas de monitorización.

No apartado de novas destacamos a publicación de tres novos números de Mancomún Podcast, a aposta da cidade francesa Nancy polo software libre, varias migracións a software libre por parte do CERN, a nova solución para empresas e institucións Nextcloud Hub ou a nova versión de LibreOffice, así como un compendio de eventos próximos sobre software libre.

Dende agosto de 2014, a oficina de coordinación de software libre da Amtega vén elaborando e difundido entre os responsables en materia TIC da Xunta de Galicia un boletín, de periodicidade mensual, sobre reutilización de software libre polas administracións públicas. Nel recóllense iniciativas sobre solucións libres, open data e estándares abertos; experiencias de uso de ferramentas libres que se identifican noutras administracións públicas de interese e aplicabilidade dentro da Xunta de Galicia; documentación ou formación de interese nesta materia, etc.

Dende Outubro de 2015, este boletín vense publicando no portal mancomún, co obxectivo de incrementar a difusión desta información noutras administracións públicas, como por exemplo as entidades locais, ou en calquera outra entidade ou organismo que lle poida ser de utilidade.

Pin It on Pinterest

Share This