Xa está publicado o número 43 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de febreiro.

O proxecto destacado deste mes é Pandora FMS, unha ferramenta de monitorización de rede, flexible e sinxela de empregar, é por iso polo que é empregada por diversas institucións e empresa, como por exemplo, no “Governo do Povo do Acre”, caso de éxito que analizamos nesta edición do boletín.

No apartado de novas destacamos que o Ministerio de Defensa Ruso se cambia de Windows a GNU/Linux da man de Astra Linux; a forxa SourceForge, fogar de moitos proxectos libres, é renovada; a solución AutoFirma é actualizada á súa versión 1.6.

Dende agosto de 2014, a oficina de coordinación de software libre da Amtega vén elaborando e difundido entre os responsables en materia TIC da Xunta de Galicia un boletín, de periodicidade mensual, sobre reutilización de software libre polas administracións públicas. Nel recóllense iniciativas sobre solucións libres, open data e estándares abertos; experiencias de uso de ferramentas libres que se identifican noutras administracións públicas de interese e aplicabilidade dentro da Xunta de Galicia; documentación ou formación de interese nesta materia, etc.

Dende Outubro de 2015, este boletín vense publicando no portal mancomún, co obxectivo de incrementar a difusión desta información noutras administracións públicas, como por exemplo as entidades locais, ou en calquera outra entidade ou organismo que lle poida ser de utilidade.

Pin It on Pinterest

Share This