Xa está publicado o número 101 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de decembro.

O proxecto destacado é WebGLayer, unha biblioteca Javascript de software libre utilizada para desenvolver mapas analíticos que axudan ás persoas para comprender os datos e a utilizalos para apoiar as súas decisións. Os mapas ofrecen unha interactividade moi alta e unha reacción rápida ás accións do usuario.

No apartado de novas destacamos o portal Federal de Desenvolvemento alemán e que o CERN e Fermilab migran a AlmaLinux como distribución por defecto nas súas instalacións. Tamén publicouse un novo Faladoiro Mancomún 2022, con Alba Mayoral.

Dende agosto de 2014, a oficina de coordinación de software libre da Amtega vén elaborando e difundido entre os responsables en materia TIC da Xunta de Galicia un boletín, de periodicidade mensual, sobre reutilización de software libre polas administracións públicas. Nel recóllense iniciativas sobre solucións libres, open data e estándares abertos; experiencias de uso de ferramentas libres que se identifican noutras administracións públicas de interese e aplicabilidade dentro da Xunta de Galicia; documentación ou formación de interese nesta materia, etc.

Dende Outubro de 2015, este boletín vense publicando no portal mancomún, co obxectivo de incrementar a difusión desta información noutras administracións públicas, como por exemplo as entidades locais, ou en calquera outra entidade ou organismo que lle poida ser de utilidade.

Pin It on Pinterest

Share This