Xa está publicado o número 65 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de Decembro.

Logo de Jitsi
O proxecto destacado deste mes é Jitsi, unha solución para videoconferencias.

No apartado de novas destacamos a publicación no portal de Mancomún dun novo artigo sobre ferramentas multimedia de vídeo, neste caso sobre Shotcut, Portugal libera datos de cartografía, Finlandia libera unha ferramenta para crear xeoportais e o comezo do Concurso Universitario de Software Libre.

Dende agosto de 2014, a oficina de coordinación de software libre da Amtega vén elaborando e difundido entre os responsables en materia TIC da Xunta de Galicia un boletín, de periodicidade mensual, sobre reutilización de software libre polas administracións públicas. Nel recóllense iniciativas sobre solucións libres, open data e estándares abertos; experiencias de uso de ferramentas libres que se identifican noutras administracións públicas de interese e aplicabilidade dentro da Xunta de Galicia; documentación ou formación de interese nesta materia, etc.

Dende Outubro de 2015, este boletín vense publicando no portal mancomún, co obxectivo de incrementar a difusión desta información noutras administracións públicas, como por exemplo as entidades locais, ou en calquera outra entidade ou organismo que lle poida ser de utilidade.

Pin It on Pinterest

Share This