Xa está publicado o número 53 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de decembro.

O proxecto destacado deste mes é LibreOffice, a suite de ofimática libre liderada pola comunidade mediante a “The Document Foundation” que presenta unha alternativa libre a Microsoft Office e á que están migrando no municipio de Tirana.

No apartado de novas destacamos a publicación pola Amtega do seu arquetipo corporativo para o desenvolvemento de servizos web, a continuación da aposta polo software libre por parte do concello de Barcelona e o inicio do XIII Concurso Universitario de Software Libre.

Dende agosto de 2014, a oficina de coordinación de software libre da Amtega vén elaborando e difundido entre os responsables en materia TIC da Xunta de Galicia un boletín, de periodicidade mensual, sobre reutilización de software libre polas administracións públicas. Nel recóllense iniciativas sobre solucións libres, open data e estándares abertos; experiencias de uso de ferramentas libres que se identifican noutras administracións públicas de interese e aplicabilidade dentro da Xunta de Galicia; documentación ou formación de interese nesta materia, etc.

Dende Outubro de 2015, este boletín vense publicando no portal mancomún, co obxectivo de incrementar a difusión desta información noutras administracións públicas, como por exemplo as entidades locais, ou en calquera outra entidade ou organismo que lle poida ser de utilidade.

Pin It on Pinterest

Share This