Xa está publicado o número 85 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de agosto.

Logo de Hugo

O proxecto destacado deste mes é Hugo, unha solución de xeración de sitios web estáticos, que a partir dunha configuración e ficheiros de contido é capaz de xerar un portal web rapidamente.

No apartado de novas destacamos os novos artigos TIC sobre ciberseguridade e os resumos semanais, alén de varias apostas polo software libre como a da Sueca SciLifeLab, ou dos sanitarios alemáns por Matrix. Tamén cabe destacar a publicación do informe sobre factores clave de éxito no investimento público en software libre e o recoñecemento do software libre no Plan Nacional de Ciencia Aberta de Francia para os próximos anos.

Dende agosto de 2014, a oficina de coordinación de software libre da Amtega vén elaborando e difundido entre os responsables en materia TIC da Xunta de Galicia un boletín, de periodicidade mensual, sobre reutilización de software libre polas administracións públicas. Nel recóllense iniciativas sobre solucións libres, open data e estándares abertos; experiencias de uso de ferramentas libres que se identifican noutras administracións públicas de interese e aplicabilidade dentro da Xunta de Galicia; documentación ou formación de interese nesta materia, etc.

Dende Outubro de 2015, este boletín vense publicando no portal mancomún, co obxectivo de incrementar a difusión desta información noutras administracións públicas, como por exemplo as entidades locais, ou en calquera outra entidade ou organismo que lle poida ser de utilidade.

Pin It on Pinterest

Share This