Xa está publicado o número 49 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de agosto.

O proxecto destacado deste mes é Seafile,unha plataforma de sincronización e compartición de ficheiros que permite ofrecer un servizo de almacenamento na nube a máis de 5000 usuarios nas universidades de Renania-Palantinado en Alemaña.

No apartado de novas destacamos a convocatoria do premio ao mellor proxecto universitario con licenza libre, a liberación de varios proxectos por parte do concello de Barcelona, a nova versión do corrector ortográfico Hungspell e o inicio da organización da OSHWDem deste ano.

Dende agosto de 2014, a oficina de coordinación de software libre da Amtega vén elaborando e difundido entre os responsables en materia TIC da Xunta de Galicia un boletín, de periodicidade mensual, sobre reutilización de software libre polas administracións públicas. Nel recóllense iniciativas sobre solucións libres, open data e estándares abertos; experiencias de uso de ferramentas libres que se identifican noutras administracións públicas de interese e aplicabilidade dentro da Xunta de Galicia; documentación ou formación de interese nesta materia, etc.

Dende Outubro de 2015, este boletín vense publicando no portal mancomún, co obxectivo de incrementar a difusión desta información noutras administracións públicas, como por exemplo as entidades locais, ou en calquera outra entidade ou organismo que lle poida ser de utilidade.

Pin It on Pinterest

Share This