Xa está publicado o número 45 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de abril.

O proxecto destacado deste mes é Scylla, un sistema xestor de bases de datos NoSQL libre e distribuída que é compatible con Apache Cassandra. Scylla é unha solución para aqueles proxectos que xeren cantidades moi grandes de datos e precisen procesalos de forma eficiente.

No apartado de novas destacamos que o CDTIC organiza unha xornada sobre Ceph, que GNOME 3.28 está en galego e a nova publicación da serie de artigos sobre Sistemas de Información Xeográfica sobre solucións de escritorio.

Dende agosto de 2014, a oficina de coordinación de software libre da Amtega vén elaborando e difundido entre os responsables en materia TIC da Xunta de Galicia un boletín, de periodicidade mensual, sobre reutilización de software libre polas administracións públicas. Nel recóllense iniciativas sobre solucións libres, open data e estándares abertos; experiencias de uso de ferramentas libres que se identifican noutras administracións públicas de interese e aplicabilidade dentro da Xunta de Galicia; documentación ou formación de interese nesta materia, etc.

Dende Outubro de 2015, este boletín vense publicando no portal mancomún, co obxectivo de incrementar a difusión desta información noutras administracións públicas, como por exemplo as entidades locais, ou en calquera outra entidade ou organismo que lle poida ser de utilidade.

Pin It on Pinterest

Share This