Foi liberada a versión 0.97 de Gcompris (colección de programas educativos que inclúe máis de 100 actividades para nenos de entre 2 e 10 anos).

Novas características:
Dúas novas actividades (Labirinto de programación e Tangram de bebé), categorías para organizar actividades, función de música de fondo e pistas de son, axustes de volume para os efectos de son, configuración de velocidade en varias actividades, mostra pezas capturadas nas actividades de xadrez, imaxes novas para as actividades de cores, mellora a disposición dos axustes, os arquivos fonte almacénanse agora no servidor KDE.

GCompris dispón de 20 idiomas totalmente soportados (incluídos galego e español) e 15 idiomas parcialmente soportados.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This