Mancomún

Publicación do listado de aplicacións destacadas do CTT para o primeiro semestre do 2016

Xoves, 22 Setembro 2016

Logotipo CTTO Centro de Transferencia Tecnolóxica (CTT) vén de publicar o listado de solucións dispoñibles destacadas do primeiro semestre de este ano. O listado fai referencia as solucións máis consultadas e tamén as solucións máis descargadas.

Dentro das solucións tecnolóxicas publicadas no CTT máis consultadas, destacan as solucións de validación e verificación de fimas e identidades electrónicas como son Plataforma de validación de firma electrónica @firma, o Cliente de firma electrónica de @firma e a CL@ve: Plataforma de intermediación de identidades electrónicas.

As outras destacadas son as solucións liberadas relacionadas coa xestión de documentos como FACE – Punto General de Entrada de Facturas Electrónicas de la AGE, a Sustitución de Certificados en papel ou SIR – Sistema de Interconexión de Registros.  

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal