Liberada a nova versión da contorna libre Proxmox 6.0, plataforma de administración de virtualización para administrar máquinas virtuais KVM e contedores LXC. Baseada en Debian 10 e cun kernel 5.0 modificado RHEL.

Novidades da version 6.0: soporte ZFS, Corosync 3.0.2 utilizando Kronosnet (knet) como transporte, unicast de forma predeterminada, widget web para a configuración de rede, novo bloque de configuración de usuario e un menú de peche de sesión, novo deseño da interface para ver os rexistros, información adicional sobre o estado dos sistemas convidados, soporte de respaldo a nivel de grupos completos, QEMU 4.0, LXC 3.1, ZFS 0.8.1, Ceph 14.2.x, soporte para o cifrado de datos en particións ZFS, entre outras.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This