Baixo o lema de “Tendendo pontes ao mapa”, State of the Map 2019 terá lugar do 21 ao 23 de setembro de 2019, en Heidelberg, Alemaña.

Estado do Mapa

“State of the Map” é o evento anual para todos os cartógrafos e usuarios de OpenStreetMap.

Autoría da imaxe: De Ken Vermette – https://wiki.openstreetmap.org/wiki/File:Public-images-osm_logo.svg, CC BY-SA 3.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=4075670

Durante tres días, no centro de Europa, poderase asistir a charlas, debates, talleres, sprints de código e documentación, relacionados con OpenStreetMap (mapa libre e aberto, que calquera pode modificar).

State of the Map 2019, tamén quere ser punto de encontro tanto para cartógrafos afeccionados, científicos, ONG, axencias gubernamentais e empresas de calquera tamaño.

Programa

Durante o 21, 22 e 23 de setembro, haberán moitas charlas e talleres na conferencia.

Ademais, o domingo 22, terán lugar toda unha serie de charlas académicas seleccionadas polo comité científico.

Pódese ver o programa completo nesta web.

O programa de charlas académicas atópase nunha páxina aparte.

Eventos sociais

Pensados para facer novos contactos e amigos, ou para retomar o contacto con persoas que fai tempo non ves, a organización está preparando diversos eventos sociais que terán lugar durante a conferencia:
Reunións informais en cafeterías, a cea social principal (onde se entregarán os premios OSM anuais, e se poderán tomar copas, celebrar e bailar toda a noite), noite de sesión de pósters (onde poderanse ver os pósters que foron seleccionados para a súa exhibición este ano e falar cos autores).

Outros Eventos
Ademais tamén existe a oportunidade de asistir a outros eventos en Heidelberg que poden ser de interese para os asistentes á conferencia:

– Taller, na Universidade de Heidelberg, sobre o uso de restricións temporais nos cálculos de roteiros.
Roteiros con restricións temporais da estrada, tales como prohibicións de condución nocturna para camións, rúas dun só sentido que alternan entre as direccións e as barreiras de inverno nas montañas. Os desafíos técnicos serán discutidos en base ás solucións de código aberto de GraphHopper e OpenRouteService, que dependen de OpenStreetMap.

Ademais verase unha introdución ao proxecto TARDUR.

Visita guiada de Heidelberg
Visita guiada por Heidelberg e ao castelo.

Máis información

HOT summit

E os días previos á conferencia de “State of the Map”, o 19 e 20 de setembro de 2019 na Chemisches Institut da Universidade de Heidelberg, haberá unha reunión mundial da comunidade HOT o “HOT summit”.

Nesta reunión mostraranse proxectos relacionados co tema humanitario, discutirase e compartiranse ideas, ademais de ter a posibilidade de ver como os proxectos de cartografado poden ter un gran impacto nas vidas da xente.

Lugar do evento

Programa

O 19 de setembro centrarase en talleres de desenvolvemento de habilidades para todos os niveis e debates en profundidade dentro da comunidade HOT e os seus socios.

O venres 20, consistirá en charlas, presentacións e paneis sobre novos enfoques e ferramentas para OpenStreetMap e para a cartografía humanitaria.

Tedes o programa completo nesta web.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This