Proxecto piloto do Parlamento Europeo anima a tratar o software libre como un activo valioso

Mércores, 2 Marzo 2022
Proxecto piloto do Parlamento Europeo anima a tratar o software libre como un activo valioso

O Parlamento Europeo e a Comisión Europea lanzaron o proxecto FOSSEPS. O proxecto FOSSEPS (Free and Open source Solutions for European Public Services) é un proxecto piloto iniciado polo eurodeputado Marcel Kolaja.

O proxecto piloto anima aos servizos públicos europeos a tratar o software libre como un activo valioso, e a actuar colectivamente para lograr a máxima eficacia.

O eurodeputado Kolaja foi designado como patrocinador do proxecto, e Thomas Gageik, director da DIGIT B, como propietario do mesmo, no primeiro comité directivo do proxecto, celebrado o 27 de xaneiro de 2022. O comité directivo tamén aprobou a carta do Proxecto e revisou os plans das iniciativas do proxecto.

O proxecto comprende tres iniciativas innovadoras sobre o software libre nos servizos públicos europeos.
– A primeira consiste en crear o primeiro Catálogo de Aplicacións de software libre de Europa, combinando os catálogos nacionais de tres Estados membros. Isto axudará ás administracións públicas de toda Europa a identificar e reutilizar aplicacións construídas previamente, aforrando así tempo e diñeiro.
– A segunda iniciativa creará un inventario de software libre crítico, utilizado polos servizos públicos europeos. Isto permitirá aos servizos públicos europeos asegurarse de que o software que máis utilizan está en bo estado e segue existindo.
– A terceira iniciativa utilizará unha comisión para explorar como os servizos públicos europeos poden traballar xuntos para abordar cuestións comúns relacionadas co uso, a seguridade e a sustentabilidade do software libre.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal