Proxecto para a creación de materiais libres para o ensino de Linux

Venres, 11 Abril 2008

Proxecto aprende linuxLemos na web de Agnix sobre a existencia do proxecto Learn Linux. Trátase dun proxecto financiado pola Fundación Shuttleworth para desenvolver materiais abertos e libres para a formación de GNU/linux. Aínda que se ben é certo que hai moitos proxectos de documentación para aplicacións baseadas en Linux, é o primeiro proxecto adicado a desenvolver materiais curriculares que poidan ser libremente empregados por calquera para aprender ou ensinar Linux.

Os materiais distribúense baixo unha licenza Creative Commons- Recoñecemento- Compartir igual. Os textos están escritos en inglés e orientados a persoas con certos coñecementos sobre computadores (sistemas operativos, hardware, redes de comunicación) e aptitude para a programación.

O curso consta de varias unidades nas que se dá ao inicio unha breve descrición do contido e unha estimación de horas necesarias para a súa comprensión. Poden descargarse en .pdf ou velas na plataforma de teleensino moodle. Polo momento están dispoñibles as seguintes unidades: 

  1. Fundamentos
  2. Funcionamento interno do sistema
  3. Administración do sistema
  4. Administración de rede
  5. Programación da shell
  6. Servizos

Fonte: Agnix  

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal