ProtonMail, anunciou que se pode utilizar Bridge para conectar as contas de pago de ProtonMail con xestores de correo electrónico no sistema operativo GNU/Linux.

ProtonMail Bridge integra as características de privacidade e seguridade de ProtonMail, co cifrado de acceso cero e o cifrado de extremo a extremo, no seu cliente de correo electrónico.
Bridge implementa os protocolos IMAP/SMTP e é compatible con calquera cliente de correo electrónico que siga este estándar.
A versión de GNU/Linux inclúe optimizacións especiais para Thunderbird.

Dispoñible para Windows, Mac e GNU/Linux con soporte para Outlook, Apple Mail e Thunderbird.

Máis información na nota oficial de lanzamento

Pin It on Pinterest

Share This