Nova versión de Tails, a 4.10, sistema operativo portátil, software libre que protexe contra a vixilancia, a censura, a publicidade e os virus. Tails utiliza a rede Tor para protexer a túa privacidade en liña e axudarche a evitar a censura. Pódese empregar desde unha memoria usb e non deixa ningún rastro no computador cando se apaga.

Novidades: varias actualizacións coma a do navegador Tor pasando á 9.5.4, Tor 0.4.3.6, Electrum 4.0.2, GNU/Linux 5.7.10 (coa mellora do soporte para novo hardware). Oculta a mensaxe de benvida ao iniciar Thunderbird.

Varios problemas solucionados: soporte para adaptadores usb Wi-fi con hardware Atheros AR9271, arranxada a conexión usb do iPhone, entre outras.

Máis información na nota oficial de lanzamento

Pin It on Pinterest

Share This