A concelleira de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación, Natividade González, e maila técnica responsable da Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro, Almudena Caamaño, presentaron na Casa da Cultura do Milladoiro a programación da AMTIC para o primeiro trimestre do ano.

A aula de informática do Milladoiro conta con doce postos con ordenadores, un deles adaptado para persoas con mobilidade reducida.

Entre os diferentes cursos ofertados, os relacionados con ferramentas libres serían estes:
“Primeiros traballos co procesador de textos Writer”, para rapaces entre 7 e 12 anos, pensado para aprender as súas primeiras nocións de manexo deste programa informático. As clases terán lugar do 1 ao 27 de febreiro, tamén todos os luns e os mércores, de 18:00 a 19:00 horas.
“Curso de iniciación no procesador de textos Writer”, entre o 7 e o 30 de marzo, tamén os martes e xoves, de 18:30 a 20:00 horas, adaptado para maiores.

Inscrición

Tanto os cursos enfocados á cativada como os de adultos contan cun límite de 12 prazas, polo que para participar é necesario anotarse. A inscrición pode facerse de maneira presencial, na AMTIC (na Casa da Cultura do Milladoiro), de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas (excepto en horario de realización de cursos); ou ben enviando a ficha que se pode atopar premendo nesta ligazón debidamente cumprimentada e firmada ao enderezo electrónico informatica.milladoiro@concellodeames.gal.

Para máis información sobre os cursos ou a actividade da Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación pódese chamar ao número de teléfono 981 535 940 ou escribir a informatica.milladoiro@concellodeames.gal.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This