O Concello de Ames e a aula CeMIT local, situada na Casa da Cultura de Bertamiráns, presentaron un amplo programa formativo de cursos e actividades para todas as idades e para todos os niveis de coñecemento entre os que se atopan algunhas actividades relacionadas con tecnoloxías libres.

Nos próximos días terán lugar os seguintes cursos e actividades:

  • Manexo do rato e o teclado destinado a menores de oito anos (15 de abril, en horario de 10.00 a 12.00 horas).
  • Obradoiros sobre programación con Scratch para menores de oito anos, onde os rapaces aprenderán as nocións básicas sobre programación (15 de abril, en horario de 10.00 a 12.00 horas).
  • Obradoiro sobre programación con Scratch para menores de 10 anos (16 de abril, en horario de 10.00 a 12.00 horas).
  • Presentacións con LibreOffice Impress (os martes e xoves do 9 ao 16 de abril, de 17.45 a 19.45 horas).
  • Curso de iniciación a smartphones con Android (martes e xoves, do 2 ao 25 de abril, en horario de 10.30 a 12.00h).
  • Curso sobre Administración Electrónica e as súas posibilidades (do 23 de abril ao 2 de maio, todos os martes e xoves, en horario de 18.15 ao 19.45 horas).
    Afondarase en todo o necesario para familiarizarse co emprego do DNI electrónico, certificados dixitais, chave365, cl@ve e como acceder á sede electrónica do Concello de Ames e ó portal É-Saúde, entre outros servizos.
  • Exames EMA, proba presencial que se precisa para acadar o diploma en determinados cursos de teleformación. Terá lugar o venres 12, en horario de 17.30 a 18.30 horas.
  • Exames CODIX, en modo teleformación.

 

Máis información e inscrición:

Pin It on Pinterest

Share This